Carlos Maciá

Sen título #1670 (serie Shinansen)
2011

Impresión Lambda siliconada
con metacrilato sobre aluminio
120 x 180 cm (copia única)

[+]

Unha actitude de inxenuidade [...] de tal
forma que os descubrimentos se converten en verdadeiros tesouros [+]

Carlos Maciá

Lugo, 1977

Licénciase en belas artes estudando entre a Universidad Politécnica de Valencia e a Universidad Complutense de Madrid. Expón regularmente dende o 2001.

Destacan as exposicións individuais: ST. Provisória. Carpe Diem, Arte e Pesquisa. Lisboa, 2011 / Read my mind, Galería SKL en Palma de Mallorca, 2011 / Life in technicolor, Galería Bacelos en Vigo, 2010 / La leyenda del tiempo, MACUF na Coruña, 2008 / In situ, Nèon en Lyon, 2008.

Entre as últimas exposicións colectivas sobresaen: Un disparo de advertencia. Lalín, 2011 / Lo efímero en el arte. Las Cigarreras. Alicante, 2011 / Longitudes de onda. Espacio de arte OTR. Madrid, 2011 / Melodías prohibidas. Festival SOS 4.8. Murcia, 2011 / Que de lejos parecen moscas. Museo Carrillo Gil. México DF, 2011. Look up! Porto, 2010 / Ingràvid. Figueres, 2010.

De entre os vinte cinco galardóns recibidos destacan as bolsas Promoción Artística Matadero 2011, CAM 2008 con destino Xapón e FENOSA 2005 a Nova York; axudas como a de promoción da arte contemporánea do Ministerio de Cultura 2010 ou a de mobilidade internacional do Ministerio de Asuntos Exteriores 2008 con destino Berlín. Dos premios sobresaen as mencións honoríficas en Generación 2007 de Caja Madrid ou ABC 2006. Tamén formou parte de certames como a Bienal Purificación García 2010, Generación 2005 e 2004 ou nas Mostras Fenosa 2010 e 2006.

A súa obra forma parte das coleccións como Arista, Araguaney, Caixanova, Caja Madrid, Cajastur, CAM, CGAC, MACUF, MICA, UPV ou Xunta de Galicia.

Actualmente vive e traballa en Madrid. Séguese considerando pintor.

www.carlosmacia.com/

Serie Shinkansen, 2010-11

“Casi todas las justificaciones de la fotografía se han negado a admitir que el método de fotografiar a discreción, especialmente tal como lo usa un experto, pueda arrojar resultados enteramente satisfactorios. Pese a estas reticencias, los fotógrafos han tenido una confianza casi supersticiosa en el accidente afortunado”

Sobre la fotografía. Susan Sontag. Ed. Edhasa, 1996

Pasei 21 días percorrendo Xapón no célebre tren bala Shinkansen. Froito desta experiencia nace esta serie fotográfica.

O que me fascina da fotografía é súa capacidade de desvelamento. De todo iso que teño diante e son incapaz de ver. Gústame manter unha actitude de inxenuidade fronte ao medio, de tal forma que os descubrimentos se converten en verdadeiros tesouros.

Neste caso, as fotografías descóbrenme unhas escenas que me remiten a un traballo netamente pictórico. Trato de realizar traballos que se escapen á pintura pero temo que estou xa demasiado viciado como para cambiar. Saio ou parto dela, para volver todo o tempo. Case sen querer.