Carla Fernández Andrade

Paisaxe suspendida
2011

Fotografía analóxica 35 mm. Cor e b/n
20 x 30 cm c/u (serie de 18 fotografías)

[+]

Estética pictórica na que a cámara fotográfica se transforma en pincel e é a mirada quen crea a paisaxe [+]

Carla Fernández Andrade

Vigo, Pontevedra, 1983

Formación: Licenciada en comunicación audiovisual (Salamanca), actualmente estudante de filosofía / Curso de fotografía documental na Escola Blank Paper (Madrid), Curso de revelado e positivado na Casa Encendida de Madrid. Talleres con fotógrafos coma Bernard Plossu, entre outros.

Exposicións individuais: Plai festival 2011 (Timisoara, Romanía) / Carmen de la Victoria, El Albaicín (Granada) / Hotel Eurostars (Madrid).

Exposicións colectivas: Monasterio de Tibães (Braga, Portugal) / Centro Cultural ArteFacto (Valencia) / Noche de los libros mutantes (Casa Encendida) / Exchange Gallery (Dublín) / Galería Gatos de Marte (Murcia) / I Exposición de Artistas Miñoranos (Nigrán) / Offprint 2010 (Paris) / Centro de Gravedad Permanente (Vigo) / 52editions, comisariado por Arnaud Gregory (L.A., EUA).

Bolsas e premios: Finalista Festival Internacional Encontros da Imagem 2011 (Braga, Portugal) / I Encontro de Artistas Novos, Cidade da Cultura / Mención Especial I Convocatoria de Fotografía OCEMX, Of. Cultural de España en México / Finalista Festival multidisciplinar Incubarte (Valencia) / Finalista Festival Internacional Artes Visuais PA-TA-TA (Granada) / Finalista no Festival Internacional de Fotografía Emergent Lleida 2010.

Publicacións da obra: O meu traballo foi publicado en numerosas publicacións de arte e fotografía nacionais e internacionais, destacan entre outras: Carpaccio Magazine, Guide to Emerging Illustrators, Photographers Artists (Atem Books), CZE Magazine (República de Georgia), Limited Edition #2 for ERROREzine, Woof! Mag (Brasil), Carne Mag (Arxentina), Magnificent Magazine (Suecia), Interstizi Magazine (Italia), Fragments Of Freedom (Francia), Not Common People , Positive Magazine (Italia), I Love That Photo (Holanda), ENDTOPIC, Holy Ghost Zine, Booooooom! (USA), El Dado del Arte, Sharemag (Portugal), We Heart (UK), Absolut Network, Ignant (Alemania), Art China, Desing You Trust (EUA), Inkult Magazine (México), etc.

Traballo: Foto fixa da Produtora Indio Films de Madrid. Dirección fotografía diversos traballos audiovisuais...

www.carlafernandezandrade.com/

Paisaxe suspendida é un proxecto documental experimental sobre as montañas. Montaña concibida dende un nivel primario e básico, incluso inxenuo
ou naïf.

Buscase unha coherencia entre sentimento e aparencia da natureza. Trátase de focalizar as emoción nuns lugares específicos, neste caso as montañas; suxeitos sagrados ao longo da historia que aquí adquiren o máximo protagonismo.
Xigantes pétreos, iconas de elevación espiritual
e de achegamento do humano á divindade.

Estética pictórica na que a cámara fotográfica se transforma en pincel e é a mirada quen crea a paisaxe. Mundo pintado, máxico, construído pola nosa psique. Abismo, disociación natureza e home, escapismo ao alén. Imaxinación primaria como intermediario máxico entre o pensamento e o ser, a que reside no inconsciente e rexe nos soños. Universo onírico non censurado pola razón.

Alegoría do engano sensorial. Metáfora da fraxilidade. Lugares non domesticados nos que irrompe o home e o artificial. Creación versus destrución. Depuración das formas ata chegar á esencia poética dos elementos vivenciais básicos proxectados na paisaxe.